Na cerna do mar

Que sons agocha o mar? Que historias garda? Que lembranzas berra? Na cerna do mar presenta unha marea de cancións de autoría propia inspiradas polo mar galego e as historias de diferentes mulleres; nunha proposta sensorial, poética e intimista que combina a música en directo, a voz e piano, co teatro, a narración oral, as artes do movemento e as artes visuais.

Trátase dun traballo de feitura artesá para deixarse envolver polo rumor das ondas e coñecer mulleres fortes e valentes que deixaron a súa pegada no corazón do mar que propón unha conexión próxima e directa co público e que inclúe un pequeno coloquio final para que as persoas asistentes poidan compartir tamén as súas sensacións e historias. A autoría, dirección e interpretación musical, textual e escénica é de Ana Abad de Larriva, e David Rodas González colabora na fotografía.

Duración: 60 minutos.

Na cerna do mar, de Ana Abad de Larriva
‘Na cerna do mar’, de Ana Abad de Larriva. Foto de David Rodas