Escribo poesía, narrativa, cancións, artigos xornalísticos e tamén, especialmente, textos teatrais. Escribo dun xeito moi sensorial, sobre aquelas cuestións e cousas que me moven e me tocan. Como dramaturga obtiven diferentes recoñecementos, entre os que se atopan o Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia, a bolsa de dramaturxia do CDG, o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, convocado polo IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e Editorial Galaxia, e gañei tamén o I Certame de Microteatro da Memoria, convocado pola Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia.
Entre os meus últimos textos creativos premiados e/ou publicados están:
- Os robots non saben abrazar. Texto dramatúrxico creado a raíz do convite para participar no VII Torneo de dramaturxia de Galicia, celebrado na 40ª MITCFC, en Cangas. Publicado na editorial Positivas (2023).
- O último partido. Relato publicado no volume O libro do fútbol, en Editorial Galaxia (2023).
- Antonio e Cleopatra. Dramaturxia. Dentro do espectáculo Shakespeare en Roma, do CDG (2023). Publicada pola Xunta de Galicia e Edicións Positivas (2023). Tradución e adaptación orixinal finalista nos Premios de Teatro María Casares 2024.
- Bailar no ceo. Dramaturxia. Gañadora da bolsa de dramaturxia do CDG (2022). Posta en escena no ano 2023por parte da compañía Xerpo, en coprodución co CDG, e da que formei parte do elenco, no rol protagonista da Autora.
- A nunca vista. Dramaturxia. Premio Abrente da MIT de Ribadavia (2022).
- Río Bravo. Texto teatral. Publicada en Las fronteras son quimeras. Editorial Invasoras (2022).
- Na memoria da auga. Dramaturxia publicada en Cartoturxia incompleta da represión, Ediciones Invasoras (2022).
- Romper o xeo, bailar a nada. Peza performativa sobre a estupidez humana. Dramaturxia publicada no libro Dramaturxia Galega Actual, vol. 2, de Á Feira Edicións (2021).
- Margaritas en el pecho. Publicado no volume El veneno en el aire. 30 piezas de teatro antifascista, en Ediciones Invasoras (2021).
- Un biolo na noite. Dramaturxia. Gañadora do I Premio de Microteatro da Memoria (2021).
- Soños de cinza. Dramaturxia publicada no volume DramaturGA 20: 11 textos breves, en Ediciones Invasoras (2020).
- Manos. Dramaturxia publicada en Sen(o)fobia, en Ediciones Invasoras (2020).
- Poemas. Escolma de poemas publicada no número 42 da revista Dorna: Expresión poética galega (2019).
- A sombra das árbores. Texto que propón unha dramaturxia aberta que sirva para adestrar e crear dende o corpo e o movemento. Gañador do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais. Publicado en Editorial Galaxia (2019).