Proxectos en escena

Son unha actriz/performer e creadora escénica. Fago pezas de pequeno formato, concibidas como poemas escénicos, e nas miñas creacións están presentes as artes do movemento (o teatro físico e a danza), o universo feminino, a natureza e a música, dende unha abordaxe performativa e plástica; cunha visión crítica e comprometida e, á vez, poética e inspiradora.

Traballo dende a escena, moitas veces concibida dende espazos non convencionais, dun xeito multidisciplinar e moi artesanal, creando os espazos sonoros das pezas, as ilustracións que acompañan algunhas delas, ao igual que fotografías e vídeos, que acompañan o movemento do corpo.

Como intérprete-creadora, as miñas pezas performativas foron seleccionadas en diferentes festivais e convocatoria. Algunhas das miñas últimas creacións escénicas foron:

  • Muller auga. Peza performativa. Creación e interpretación; en colaboración con María Move, dentro do programa Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra (2023).
  • Primavera. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Gañadora dunha bolsa de creación e finalista no certame 67 graos Ourense Fervescénica do FITO. Estreada en outubro de 2022. Seleccionada no Festival de Pezas dun Teatro do Porvir, da AELG, en novembro de 2022.
  • Sobre o baleiro. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Estreada nas Escenas (con)textualizadas do Festival Escenas do Cambio, o 7 de maio de 2022. Peza performativa.
  • Efecto flash. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Seleccionada no IV Festival de Pezas dun Teatro do Porvir. Galiza+Portugal, onde foi presentada en 2021.
  • Lama. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Finalista no certame 67 graos Ourense Fervescénica do FITO, onde foi estreada en 2021.
  • Na sombra, unha árbore. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Finalista no V Certame Metro Cadrado do FIOT, onde foi estreada en 2021.
  • En caixas. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Seleccionada e estreada no Revoltallo en Pedra da MITCFC, en Cangas. 5 de xullo de 2021.
  • Palabra. Peza performativa para un só espectador/a. Creación e interpretación. Finalista no IV Certame Metro Cadrado do FIOT (2020), onde foi presentada en outubro de 2020 no interior da Biblioteca Rego da Balsa.
  • Mulleres que bailan na néboa. Peza performativa. Creación, interpretación e espazo sonoro. Foi seleccionada no III Festival de Pezas dun Teatro do Porvir (2020), onde foi presentado un fragmento en bruto da dramaturxia en novembro de 2020.  Seguín traballando nela e en outubro de 2023 foi finalista no certame 67º Ourense Fervescénica do FITO, onde foi estreada unha versión de 20 minutos.