Son unha artista multidisciplinar. Escribo textos creativos e deseño e interpreto pezas concibidas como poemas escénicos nas que están moi presentes as artes do movemento (o teatro físico e a danza) e a música.
Son cantautora e compoño cancións e espazos sonoros, e tamén fago ilustracións; todo dun xeito moi conectado coa miña poética global, que aborda especialmente o universo feminino e a natureza, dende unha abordaxe performativa e plástica; cunha visión crítica e comprometida e, á vez, poética e inspiradora. Fago todo dende unha concepción artesá.
Ademais, desenvolvo tamén labores no campo da comunicación, edición, mediación e investigación cultural.