Sobre min

Son unha artista multidisciplinar.  Escribo, deseño e interpreto pezas concibidas como poemas escénicos nas que están moi presentes as artes do movemento (o teatro físico e a danza) e a música.

Son cantautora e compoño cancións e espazos sonoros, e tamén fago ilustracións; todo dun xeito moi conectado coa miña poética global, que aborda especialmente o universo feminino e a natureza, dende unha abordaxe performativa e plástica; cunha visión crítica e comprometida e, á vez, poética e inspiradora. Fago todo dende unha concepción artesá.

Ademais, desenvolvo labores no campo da comunicación, edición, mediación e investigación cultural. Imparto obradoiros artísticos e creativos e dende o ano 2020 coordino o club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño e son a subdirectora da erregueté | Revista Galega de Teatro. Dende 2020 ata 2024 levei tamén a sección de artes escénicas do Diario Cultural Zeta, na Radio Galega.